Novas

A plataforma Fala.gal rexistrou 162 novas altas tras unha renovación para crear webs en galego de balde
16 de novembro de 2026

A plataforma Fala.gal rexistrou 162 novas altas tras unha renovación para crear webs en galego de balde

A plataforma gratuíta Fala.gal, que permite crear webs e blogs en galego sen coñecementos técnicos, rexistrou 162 novas altas entre agosto e outubro de 2026, fronte ás sete do mesmo período de 2025. O forte crecemento coincide co lanzamento de Fala 1.0, unha renovación que simplifica a creación e xestión de páxinas. Desde 2020, a plataforma permitiu crear máis de 680 webs e busca reforzar a presenza de contidos propios en galego na Internet.

Fonte: Código Cero

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder