O BOE publicou o Real Decreto 980/2026, que desenvolve as obrigas dos servizos audiovisuais para promover a produción europea e a diversidade lingüística. A norma establece por primeira vez cotas específicas para obras nas linguas oficiais distintas do castelán, incluído o galego, nos catálogos de vídeo baixo demanda. As novas cotas aplicaranse desde xullo de 2027 e a CNMC será responsable do seu seguimento. A medida pretende incrementar a presenza de producións en galego, catalán e éuscaro nas plataformas audiovisuais.
Fonte: Código Cero
Comunidade:
Sección:



