Novas

Increméntanse un 30 % as matriculacións no nivel A1 de éuscaro
19 de novembro de 2026

Increméntanse un 30 % as matriculacións no nivel A1 de éuscaro

Os euskaltegis alcanzaron 30.433 matriculacións en outubro de 2026, un 7,9 % máis que no mesmo mes de 2025 e un 21 % máis ao longo da lexislatura. Destaca especialmente o nivel inicial A1, con un aumento do 29,8 %, mentres que as matrículas nos niveis A1 e A2 medraron un 56,9 % nos últimos tres anos. Tamén aumenta a diversidade do alumnado: o 30 % das matrículas de outubro corresponde a persoas de orixe estranxeira. O Goberno vasco vincula esta evolución á posta en marcha do Euskara Bonua, destinado a reducir as barreiras económicas para aprender a lingua.

Fonte: Gobierno Vasco

Comunidade: 
Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder