O ensino non universitario en Navarra está cerca de alcanzar a cifra redonda dos 100.000 alumnos. Este curso o número de escolares ascendeu a 99.169, o que supón un 2,8 % máis que o pasado curso, e a distribución por modelos lingüísticos segue a tendencia dos últimos anos: aumentan os que ofrecen máis dunha lingua (o modelo D, cun 1,7 % e o Tratamento integrado de linguas/British, cun 1,4%), mentres que cae o modelo G (castelán), aínda que segue sendo o maioritario (abrangue case o 52 % do total do alumnado).
Fonte: Noticias de Navarra
Sección:



