Máis información
Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020
O Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 recolle as distintas medidas e accións para a implantación e a consolidación do uso do idioma galego no sector económico. O Consello da Xunta aprobouna na súa sesión do 4 de agosto de 2016.
O plan estrutúrase a través de tres obxectivos estratéxicos principais:
- Crear consciencia de que o uso do galego favorece os resultados e os obxectivos empresariais e as relacións laborais, comerciais e bancarias;
- Estender o uso da lingua galega no ámbito económico, nas relacións laborais, comerciais e empresariais, tanto na oferta como na demanda de produtos e servizos;
- Utilizar o idioma para impulsar unha imaxe de marca diferencial propia de Galicia e os seus produtos vinculada á calidade e á innovación e que lles transmita confianza ás personas consumidoras e ao empresariado.
Trátase da primeira vez que desde a Administración autonómica se leva a cabo un plan destas características, que desenvolve as directrices establecidas no sector 4 do Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia no ano 2004.
Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020. Formato PDF. 3 MB
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 7.58 MB |
Boletín
Subscríbase ao boletín
