Novas

Política Lingüística presenta o congreso “As Linguas e Culturas do Camiño de Santiago de Compostela”
27 de setembro de 2011

Política Lingüística presenta o congreso “As Linguas e Culturas do Camiño de Santiago de Compostela”

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou en rolda de prensa o congreso As Linguas e Culturas do Camiño de Santiago de Compostela, que terá lugar na capital de Galicia entre os días 21 e 22 do próximo mes de outubro. O secretario xeral aproveitou a conmemoración do Día Europeo das Linguas, que se celebra desde hai 10 anos cada 26 de setembro, para dar a coñecer o programa e os obxectivos desta iniciativa.

Fonte: Xunta de Galicia

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder