España

Póñenlles máis fácil aos profesores vascos a obtención do perfil de éuscaro

Euskadi encara unha década na que segundo o propio Consello Escolar haberá un déficit de centenares de docentes nas escolas. O Goberno vasco xa moveu ficha e facilitou as vías de acceso para obter os certificados oficiais de dominio do éuscaro.

Fonte: 20minutos

A Consellería de Educación de Valencia negocia o plan de trilingüismo con Escola Valenciana

A Federació d'Associacions per la Llengua-Escola Valenciana (FEV), integrada na Plataforma per l'Ensenyament Públic, sentarase na mesa de negociacións cos responsables da Consellería de Educación para negociar un plan consensuado de ensino trilingüe.

Fonte: El País

Un novo material didáctico permitirá aprender valenciano en lingua de signos

O conselleiro de Educación, Alejandro Font de Mora, presentou "El món dels signes", un material multimedia que ten por obxecto fomentar a aprendizaxe do valenciano entre as persoas xordas, priorizando os contidos visuais, como imaxes, debuxos, iconas e vídeos signados.

Fonte: Panorama Actual

Escola Valenciana lamenta que a Consellería de Educación adíe o plan plurilingüe

A Federació Escola Valenciana lamentou que a secretaria autonómica de Educación, Concha Gómez, "adiara a negociación do Plan pola escola plurilingüe e a retirada da orde de Educación para a Cidadanía a futuras reunións".

Fonte: Levante

O PSOE de Aragón levará ás Cortes a súa proposta de Lei de linguas antes de marzo

O PSOE aragonés ten decidido presentar nas Cortes autonómicas unha proposición de Lei de linguas antes de marzo. Os socialistas están negociando desde hai semanas co grupo parlamentario do PAR un texto de consenso mínimo para evitar unha defensa en solitario do proxecto normativo, pero a proposición lexislativa presentarase igualmente ante a Mesa do Parlamento, aínda que eses contactos fracasen.

Fonte: Heraldo

A promoción do éuscaro no ámbito laboral, obxectivo do programa Lanera

Xa pasaron tres anos desde que a Mancomunidade e os concellos de Aia, Getaria, Orio, Zumaia e Zarautz puxeran en marcha o programa Lanera.
O obxectivo é a promoción do uso do éuscaro no ámbito laboral da comarca, planificando e desenvolvendo plans de éuscaro adecuados á realidade de cada empresa.
Ata a data un total de cinco empresas realizaron o diagnóstico e están implantando o seu plan: GKN Driveline Zumaia, Guascor, Erne Elektrizitatea, Elkor e Lagun Artea. Tres empresas máis realizaron o diagnóstico pero non continuaron adiante: Evai, Arin y Enbil e Korta.

Fonte: Diario Vasco

Aprobados os topónimos en éuscaro de 16 municipios de Navarra

O Goberno foral aprobou as correspondencias en éuscaro das denominacións de 16 municipios e dous "concejos" navarros. Aínda que todos eles son municipios e "concejos" con denominación oficial única, a castelá, o Executivo aproba os nomes en vasco, para que así conste nos textos que nese idioma se refiran a estas localidades.

Fonte: Diario de Navarra

O Ministerio de Cultura e o Goberno balear asinan un convenio para fomentar a produción cinematográfica en catalán

O Ministerio de Cultura e o Goberno balear asinaron un convenio de colaboración para recibir subvencións á produción, distribución e promoción da cinematografía que se realice nas illas e en lingua catalá.

Fonte: Europa Press

Un juez avala que haya euskaldunes en cada grupo de la Ertzaintza

La puesta en marcha de manera unilateral en diciembre de 2007 de los grupos policiales de Seguridad Ciudadana sigue enfrentando a Interior con el principal sindicato de la Ertzaintza, Erne. El juez de lo Contencioso Administrativo número 3 de Bilbao ha avalado en una sentencia fechada el pasado 12 de diciembre los cambios de grupo para asegurar que haya al menos una mujer y un agente euskaldun en cada uno de ellos.

Fonte: El País

O conselleiro Font de Mora destaca a importancia de promover o valenciano entre as forzas de seguridade do Estado

O conselleiro de Educación valenciano, Alejandro Font de Mora, destacou a importancia das accións para que os corpos e forzas de seguridade do Estado "entendan e coñezan" o valenciano, algo que permite "atender os cidadáns na lingua propia dos valencianos e oficial da Comunitat Valenciana" e facilitar así que a Administración estatal "non se perciba como unha Administración estraña, senón como propia".

Fonte: El Periòdic

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder