España
O Consorci pel Foment de la Llengua Catalana dá resposta ás demandas de formación en catalán para os traballadores sanitarios
O Consorci pel Foment de la Llengua Catalana i la Projecció Exterior de la Cultura de les Illes Balears (COFUC) adoptou un conxunto de medidas co obxectivo de dar resposta ao incremento de demanda de formación en catalán para os traballadores do sector da sanidade.
Fonte: EcoDiario
Máis de 3000 alumnos de Castela-A Mancha beneficiaranse das axudas para mellorar a competencia lingüística no curso 2009-2010
Un total de 3280 alumnos de Castela-A Mancha beneficiaranse da convocatoria de actividades para a mellora da competencia lingüística no estranxeiro e na rexión durante os meses de verán durante o próximo curso 2009-2010.
Fonte: Europa Press
A reforma da formación inicial do profesorado esixirá aos docentes o coñecemento dunha lingua estranxeira
A reforma da formación inicial do profesorado que a partir do mes de setembro se porá en marcha en toda España esixirá a todos os docentes o coñecemento dunha lingua estranxeira polo menos.
Fonte: Europa Press
O vicealcalde veta o bilingüismo oficial castelán-leonés no Concello de León
O vicealcalde de León e presidente de Unión del Pueblo Leonés, Javier Chamorro, desautorizou o concelleiro de Educación e Cultura Leonesa, o tamén leonesista Abel Pardo, ao vetar os propósitos do edil de normalizar ao largo de 2009 o uso compartido do leonés e o castelán na documentación oficial do Concello.
Fonte: El Mundo
Tarragona ofrece cursos de catalán especializados para persoas de orixe chinesa
O Centro de Normalización Lingüística de Tarragona e a Unidade Técnica de Inmigración e Cidadanía elaboraron un plan de acollida lingüística para persoas de orixe chinesa co obxectivo de facerlle entender a esta comunidade a necesidade de integrarse na cidade e de aprender a lingua catalá.
Fonte: Avui
Denuncian que os pacientes da Sanidade vasca "non teñen garantidos os seus dereitos lingüísticos"
A mancomunidade de municipios vascos UEMA e o Observatorio de Dereitos Lingüísticos Behatokia denunciaron que os pacientes de Osakidetza (a Sanidade vasca) "non teñen garantidos os seus dereitos lingüísticos" xa que "non todo o persoal é bilingüe" debido a que "nas ofertas de emprego público non é obrigatorio o coñecementos do éuscaro".
Fonte: Medicinatv
Escola Valenciana busca o apoio de colexios e entidades ao multilingüismo
Escola Valenciana (EV) iniciou o 7 de xaneiro unha campaña para conseguir o apoio de escolas, asociacións de pais e nais, sindicatos e entidades á súa proposta a favor do multilingüismo nos centros educativos valencianos. O denominado Pla per l'Escola Multilingüe, que EV presentou o pasado 10 de decembro, propón un modelo que asegure unha competencia total en valenciano, español e unha terceira lingua.
Fonte: Móndivers
As xuventudes da Federación Socialista Asturiana protestan no Conseyu de la Mocedá d’Uviéu pola falta de bilingüismo
Na Asemblea Xeral do Conseyu de la Mocedá d’Uviéu (CMU) celebrada no auditorio da capital de Asturias, Diego Asenjo González, secretario xeral das Mocedaes Socialistes d’Uviéu (JSO/MSU) preguntoulle á presidencia da Executiva do CMU a razón pola que “xa non se entrega a documentación en asturiano”.
Fonte: Asturnews
O Concello de Bergara ofrecerá un curso de éuscaro para comerciantes
O Concello de Bergara e o euskaltegi municipal, en colaboración co instituto HABE, poñen en marcha un curso de iniciación ao éuscaro dirixido a comerciantes e traballadores do sector da hostalería e servizos.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Universidade de Córdoba engade o chinés á súa oferta de idiomas para o actual curso académico
A Universidade de Córdoba apuntouse á moda do chinés e vai ofrecer un curso desta lingua, falada por máis de 1300 millóns de persoas en todo o mundo. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata a próxima semana.
Fonte: El Día de Córdoba
Boletín
Subscríbase al boletín