España

Ermua recolle medio centenar de propostas para practicar éuscaro

Os participantes no programa 'Berbalagun' de Ermua, dirixido á práctica do éuscaro, poderán participar en 2009 en case medio centenar de actividades diferentes. Os integrantes deste plan idearon a organización de 37 actividades diferentes e 10 conferencias. Esta é a ampla oferta lúdico-deportiva entre a que poderán elixir os integrantes de 'Berbalagun'. Os participantes deberán seleccionar as que máis lles gustan.

Fonte: El Correo Digital

Máis dun centenar de estranxeiros aprenderá éuscaro a través do programa AISA do Concello de Vitoria

Un total de 105 persoas inmigrantes participarán durante o primeiro trimestre de 2009 nos cursos de aprendizaxe de éuscaro organizados polo Concello de Vitoria dentro do Programa AISA.

Fonte: Europa Press

A Federación Socialista Asturiana non cambia o seu criterio sobre a oficialidade do asturiano aínda que supoña máis diñeiro

A Federación Socialista Asturiana non cambia de postura sobre a oficialidade do asturiano nin ante a hipótese de que ese recoñecemento se traducise en máis diñeiro a conta da promesa realizada por José Luis Rodríguez Zapatero ao presidente galego na negociación do novo modelo de financiamento.

Fonte: La Nueva España

O 83 % dos centros de primaria de Castelló só ofrece liña en valenciano

Nos centros de primaria de Castelló a falta de oferta para escolarizar os alumnos en castelán ou valenciano é máis acusada que nos centros de secundaria, onde se ofrece indistintamente a posibilidade de cursar a ESO e o bacharelato segundo o modelo lingüístico PEV (ensino maioritariamente en valenciano) ou o PIP (ensino maioritariamente en castelán).

Fonte: El Mundo

O Parlamento vasco rexeita ampliar o prazo da exención do éuscaro para alumnos procedentes doutras comunidades

A Comisión de Educación e Cultura do Parlamento vasco rexeitou modificar a nova regulación da exención do éuscaro no ensino non universitario incluída no currículo vasco, que establece que só quedan exentos os alumnos que vaian estar un máximo dun curso escolar no Sistema Educativo vasco.

Fonte: Deia

A Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada amplía as súas ensinanzas de galego cun curso novo ante a elevada demanda

A Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada ofrecerá desde o 21 de xaneiro ao 29 de abril un curso intermedio de lingua galega ante a elevada demanda de alumnos que o solicitan.

Fonte: Diario de León

A Consellería de Educación valenciana adiantará un ano a proba oral de inglés a estudantes

O Estado acaba de aprobar un decreto que en xuño de 2012 obrigará a todos os alumnos a superar unha proba de inglés para acceder á universidade. A Consellería de Educación valenciana traballa nun plan de choque que free o "suspenso xeral" do sistema educativo valenciano en idiomas nun tempo récord de só dous cursos, que prevé unha proba oral de inglés en 2011, un ano antes có exame previsto polo ministerio.

Fonte: El País

O Goberno español toma medidas para que os trámites en Tráfico sexan bilingües en castelán e galego

O Goberno estatal asegurou que se están tomando xa as medidas no sistema informático das xefaturas provinciais de Tráfico de Galicia para que a totalidade dos trámites de expedientes por infracción teñan formato bilingüe en castelán e galego.

Fonte: A Nosa Terra

O Concello de Zarautz impulsará o uso do éuscaro nas administracións públicas

O Concello de Zarautz aprobou no último Pleno o Plan interno para o uso do éuscaro por unanimidade (EA, PNV, PSE-EE, EB-Aralar e PP). O obxectivo deste Plan é que os traballadores inmersos neste consigan un bo nivel de capacitación en éuscaro e garantir que o vaian usar. Para cumprir ese proceso é imprescindible alimentar a motivación deses empregados.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

CiU e PP enfróntanse polo regulamento de usos lingüísticos do Concello de Barcelona

Os grupos municipais de CiU e PP no Concello de Barcelona seguen enfrontándose pola redacción do regulamento de usos lingüísticos, que debe elaborarse durante este ano.

Fonte: ABC

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder