España
TVE Internacional ensina español a estranxeiros en 'Hola, ¿qué tal?'
TVE Internacional comeza a emitir desde o luns, 12 de xaneiro, o novo curso de español 'Hola, ¿qué tal?', un espazo de servizo público para potenciar a aprendizaxe do español no mundo. O curso, producido por RTVE e que consta de 207 programas, emitirase de luns a venres, ás 10.15 horas e tamén pode seguirse na web.
Fonte: Fórmulatv
Profesores de asturiano propoñen a Maxisterio a creación dun título de lingua similar ao minor de Filoloxía
O Departamento de Filoloxía da Universidade de Oviedo presentoulle recentemente unha proposta á directora da Escola de Maxisterio da Universidade, Gloria López Téllez, para que propoña a creación duns estudos regrados de asturiano, semellantes aos que, baixo a cualificación de minor, se aprobaron pola Xunta da Facultade de Filoloxía. A responsable do centro evitou pronunciarse ao respecto e asegurou que aínda non hai unha decisión sobre a solución definitiva que se dará.
Fonte: Europa Press
Un total de 41 centros estremeños participa no Proxecto Portfolio Europeo das Linguas
Un total de 41 centros estremeños participa no Proxecto Portfolio Europeo das Linguas (PEL), dentro do cal se realizan actividades para traballar as linguas. Nesta convocatoria establécese a necesidade de crear en cada centro, xa sexan colexios, institutos, escolas oficiais de idiomas ou centros de adultos, un grupo de traballo que desenvolve os programas comunicativos que forman a base do proxecto.
Fonte: Europa Press
O PSOE de Aragón está disposto a regular o catalán nesa comunidade
Contemporizar, non votar a favor, pero tampouco en contra, amosar certo distanciamento coa tese dos seus socios do PSOE, pero ao mesmo tempo non entrar abertamente nunha ruptura, senón buscar a negociación para moderar o contido da futura lei e obter compromisos a cambio para outros proxectos considerados estratéxicos para Aragón. Esa é a liña na que tratará de afondar o PAR nas próximas semanas ante a proposición de lei de linguas que vai levar ás Cortes rexionais o PSOE de Marcelino Iglesias.
Fonte: ABC
Os docentes estremeños de portugués anhelan que esta sexa pronto a segunda lingua estranxeira na comunidade
A Asociación do Profesorado de Portugués en Estremadura (APPEX) espera con ilusión, aínda que con certo escepticismo, a implantación do portugués como segundo idioma estranxeiro na rexión.
Fonte: Hoy
A Junta de Castilla y León ensinará inglés a 81 profesores leoneses para xeneralizar o bilingüismo
A Junta de Castilla y León, a través da Consellería de Educación, inicia un curso para intentar que os profesores da comunidade adquiran as suficiente destrezas lingüísticas para xeneralizar o bilingüismo a todos os colexios no menor tempo posible.
Fonte: Diario de León
CiU pide no Senado poder realizar o MIR en catalán, éuscaro e galego a partir de 2010
A senadora de CiU Rosa Nuria Aleixandre presentou unha moción en que insta ao Goberno a poder realizar os exames do Mir en catalán, éuscaro e galego nas respectivas comunidades autónomas para optar ás prazas de residentes nas diferentes especialidades en ciencias da saúde.
Fonte: EcoDiario
O Conselh Generau d'Aran e a Secretaría de Política Lingüística de Cataluña presentan un tradutor para o occitano
O síndico de Arán, Francès Boya, e o secretario de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Bernat Joan, presentaron na sede do Conselh Generau o tradutor automático catalán-occitano-catalán e castelán-occitano-castelán, "un instrumento lingüístico gratuíto e adaptado ao servizo de todas as persoas", en palabras da responsable de Cultura e Política Lingüística da máxima institución, Maria Vergés.
Fonte: Avui
Unha xuíza da Audiencia Nacional impide que un acusado se exprese en asturiano por non ser unha lingua cooficial
A xuíza Angela Murillo impediu a un independentista asturiano xulgado na Audiencia Nacional por estragos terroristas que se expresase en asturiano por non ser "unha lingua cooficial", e alegou que ela, nacida en Estremadura, "tamén podería facelo en castúo" (o dialecto desta rexión) pero entón non a "entenderían".
Fonte: Europa Press
O Goberno balear valora que Zapatero defenda unha contribución adicional para as comunidades autónomas con dobre lingua oficial
O Goberno balear valorou "moi positivamente" que o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, defenda que o novo sistema de financiamento incorpore unha contribución adicional para as comunidades autónomas con dobre lingua oficial, como é o caso de Baleares, Cataluña, Galicia ou Euskadi.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase al boletín