España

Varias personalidades de Asturias participan nunha campaña a prol da oficialidade do asturiano no Estatuto de Autonomía

Os escritores Corín Tellado e Carmen Gómez Ojea, os músicos Víctor Manuel e Hevia, os deportistas Chechu Rubiera e Manuel Busto, ademais da presentadora de televisión Sonia Fidalgo, quixeron sumarse á iniciativa do Conceyu Abiertu pola Oficialidá e xa están dispoñibles as súas declaracións a favor da oficialidade do asturiano na páxina http://es.youtube.com/user/doilacara.

Fonte: Asturnews

Montserrat Nebrera afirma que Magdalena Álvarez "ten un acento que parece un chiste"

A deputada do PP no Parlament Montserrat Nebrera afirmou, en relación coas explicacións efectuadas pola ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, sobre as medidas para xestionar a "copiosa nevada" caída en Madrid, que esta "ten un acento que parece un chiste".

Fonte: Público

Caja Navarra instala un sistema de atención financeira por videoconferencia en lingua de signos española

Toda persoa xorda que se acerque a calquera das 380 oficinas "Cancha" que Caja Navarra (CAN) ten repartidas por España poderá ser atendida en lingua de signos.

Fonte: EcoDiario

A Generalitat de Catalunya acusa o Goberno de incumprir os seus compromisos sobre o catalán en Europa

O secretario de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Bernat Joan (ERC), acusou o Goberno de "incumprir" os compromisos que tomou para facilitar o uso do catalán na Administración europea.

Fonte: Europa Press

Impulsan un experto virtual en ciencia que fala éuscaro

O centro de investigación Vicomtech-Ik4, Fundación Elhuyar e os grupos Ixa e Aholab da Universidade do País Vasco deron a coñecer en San Sebastián o experto virtual en ciencia que fala éuscaro AnHitz, impulsado en colaboración co Goberno vasco.
Nunha rolda de prensa de San Sebastián, o viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco, Patxi Baztarrika, explicou que este avatar é un prototipo desenvolvido nun proxecto de investigación bautizado co mesmo nome (AnHitz). Ademais, manifestou que o obxecto do proxecto é a investigación e o desenvolvemento de tecnoloxías lingüísticas en éuscaro para a intercomunicación entre persoas e dispositivos electrónicos.

Fonte: Europa Press

O presidente do Fomento do Turismo, Álvaro Middelman, pide que o castelán sexa respectado en Baleares

O presidente do Fomento do Turismo e director xeral de Air Berlin para España e Portugual, Álvaro Middelman, lanzou unha acendida proclama en defensa do uso e protección do idioma castelán en Baleares.

Fonte: Diario de Mallorca

O Tribunal Superior de Xustiza valenciano suspende cautelarmente a figura do tradutor en Educación para a Cidadanía

O intento do conselleiro Alejandro Font de Mora para manter en pé Educación para a Cidadanía en inglés sumou un novo fracaso: o Tribunal Superior de Xustiza (TSX) valenciano suspendeu cautelarmente a figura do tradutor. A súa presenza, imposta aos centros polo Goberno de Francisco Camps, "pode causar prexuízos irreparables para o profesor titular da materia, pois queda privado, aínda cando sexa parcialmente, das súas competencias esenciais", sinala o auto en resposta ao recurso interposto por CCOO-PV.

Fonte: El País

A Comunidade Valenciana esixiralles inglés aos novos profesores

Os novos profesores que accedan a unha praza como docente deberán acreditar suficientes coñecementos de inglés como para poder impartir unha materia completa nesta lingua. Os plans de escola plurilingüe que está perfilando o Goberno valenciano requiren que os docentes "teñan suficiente capacitación en inglés e, polo tanto, o sistema de selección do profesorado deberá ter en conta esta circunstancia".

Fonte: Las Provincias

Cangas del Narcea inicia unha campaña de promoción lingüística do asturiano dirixida aos escolares

A concelleira de Cultura, Bibiana Martínez, e a responsable do Servizo de Normalización Lingüística de Cangas del Narcea, Mónica Rodríguez Riesgo, presentaron unha campaña de difusión da lingua asturiana destinada aos nenos. a iniciativa, que conta cun orzamento de 800 euros, consiste na publicación de sete carteis -sobre a escola, o baño, o patio, o comedor, o corpo humano, as figuras xeométricas e as cores- que se repartirán por todas as escolas, ludotecas e centros de saúde do concello, así como no hospital comarcal.

Fonte: El Comercio Digital

A Asociación Xarmenta reclama apoio para o galego do Bierzo

A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta entregoulles o sábado 17 de xaneiro os galardóns da IV edición dos seus premios anuais á gaiteira Susana Seivane, ó grupo de música folk Aira da Pedra, e á Escola de Gaitas de Villafranca del Bierzo pola súa promoción da lingua e a cultura galega.

Fonte: Galicia Hoxe

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder