Mundo
Preséntanse en Lisboa novos materiais para ensinar portugués como lingua estranxeira
Os libros e materiais das series Salpicos e Na Onda do Português, destinados á aprendizaxe do portugués como lingua estranxeira, pensados para nenos e mozos, preséntanse en Lisboa, na sede do Instituto Camões.
Fonte: Instituto Camões
A Fundación Mozilla recoñece a oficialidade da versión en galego do Firefox
Nas últimas horas o navegador web da Fundación Mozilla chegou á súa versión 3.0.5, corrixindo certos erros de seguridade, mellorando a súa estabilidade, corrixindo algúns problemas de accesibilidade, engadido a posibilidade de enviar informes de erro específicos de cada sistema operativo e, espacialmente, incorporando como linguas oficiais da aplicación ao bengalí, o esperanto, o letón, o hindi e o galego.
Fonte: Código Cero
O Goberno eslovaco quere penalizar o uso do checo no seu territorio
Eslovaquia, que en 1993 se separou de Checoslovaquia e onde o idioma checo mantén desde entón unha posición privilexiada, pretende penalizar o uso desa lingua irmá, asegurou a prensa en Praga. Este é o obxectivo dun proxecto de lei sobre a lingua nacional, ideado no Ministerio de Cultura eslovaco e que levantou a polémica nese país, sinalou o diario Lidové Noviny.
Fonte: Levante-EMV
A ONU conclúe o Ano Internacional das Linguas cun chamamento á protección da diversidade lingüística
A ONU puxo punto final ao Ano Internacional das Linguas cun chamamento á protección das linguas minoritarias para preservar a riqueza cultural que supón a diversidade lingüística do planeta.
Fonte: Metro
Lanzan xogos didácticos contra o esquecemento das linguas indíxenas de México
Un memorama e unha lotería son algúns dos xogos didácticos que utilizará a Universidade Autónoma Metropolitana (UAM) de México contra a desaparición das linguas indíxenas do país, indicou a institución.
Fonte: El Nacional
Crean en Ecuador un instituto lingüístico para a educación intercultural bilingüe
Cuenca (Ecuador) será sede do encontro nacional da lingüística indíxena de todas as nacionalidades. O propósito é encamiñar unha das accións do recentemente creado Instituto de Linguas das Nacionalidades Indíxenas de Ecuador, adscrita á Dirección Nacional de Educación Intercultural Bilingüe (Dineib).
Fonte: Diario Los Andes
Pecha o único diario en irlandés
"Dada a fortaleza da recuperación da lingua irlandesa, non teño dúbidas de que o soño dun diario na nosa lingua rexurdirá no futuro baixo outros promotores". Así llo explicaba Mairtin O Muilleoir, editor do diario La Nua (en galego 'Novo Día'), ao xornal Belfast Telegraph.
Fonte: Vieiros
Estréase a academia da lingua mapuche co obxectivo de contribuír á súa normalización
O Goberno chileno constituíu a Academia Nacional da Lingua Mapuche, unha nova ferramenta para a protección da lingua mapudungun, que supón un paso máis despois do pacto social do recoñecemento do multiculturalismo, dado na anterior lexislatura.
Fonte: Vieiros
Un total de 100 linguas indíxenas de México ten menos de mil falantes
En México, das 364 variantes das linguas indíxenas, 100 son faladas por menos de mil persoas. Fernando Nava, director do Instituto Nacional de Lenguas Indígenas (Inali), explicou que as xeracións adultas deixaron de pasar a súa lingua aos seus fillos. Con todo, non existe risco de que algunha variante das linguas desapareza.
Fonte: El Universal
O portugués será materia obrigatoria no ensino secundario de Arxentina
Todas as escolas secundarias de Arxentina terán portugués como materia obrigatoria. O Senado da Nación sancionou con forza de lei o ensino do idioma, que ten como obxectivo incentivar a integración co Mercosur.
Fonte: El Argentino
Boletín
Subscríbase al boletín