Angola e Mozambique son os únicos países da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) que aínda non ratificaron o Acordo Ortográfico de 1990. Ambos os gobernos alegan que o texto non recolle adecuadamente as particularidades do portugués falado nos seus territorios, o peso das linguas nacionais e os elevados custos que suporía a súa aplicación.
Fonte: DW
Sección:
Ámbito:



