A enquisa Òmnibus 2026 revela que só o 38 % da poboación de Cataluña se dirixe en catalán ás persoas descoñecidas, porcentaxe que baixa ata o 16 % cando se percibe que a persoa interlocutora é estranxeira. O estudo tamén mostra que só dúas de cada dez persoas comezan sempre as conversas en catalán. En contraste, existe un amplo apoio ás políticas de promoción lingüística: arredor de oito de cada dez persoas están de acordo con diferentes medidas, especialmente co obxectivo de garantir o dominio do catalán e do castelán ao finalizar a escolarización.
Fonte: Diari de la Llengua
Comunidade:
Sección:



