O Concello de Xirona puxo en marcha unha campaña para achegar o catalán ás persoas visitantes e sensibilizar sobre o seu valor como lingua propia da cidade. A iniciativa combina carteis bilingües en puntos turísticos con materiais que ofrecen expresións básicas en catalán e recursos para coñecer a lingua e a cultura catalás. O obxectivo é incorporar o idioma á experiencia turística e favorecer tamén a reflexión da cidadanía sobre o seu uso social.
Fonte: Diari de la Llengua
Comunidade:
Sección:



