O Goberno de Canarias aprobou un decreto que regula a ensinanza do asubío da Gomera no sistema educativo de cara a garantir a súa continuidade en primaria e secundaria. A norma establece un marco curricular e organizativo estable para a transmisión desta lingua asubiada recoñecida pola Unesco como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Ademais de consolidar a súa presenza nos centros da illa, o decreto abre a posibilidade de que outros colexios do arquipélago soliciten impartilo como parte do currículo educativo.
Fonte: Gobierno de Canarias
Comunidade:
Sección:



