Illas Canarias

Piden impulsar unha política lingüística en Canarias para preservar a fala do arquipélago

O grupo parlamentario de Nueva Canarias aposta por impulsar unha política lingüística que preserve e impulse a fala das illas. Neste sentido, insta o Goberno canario a desenvolver o artigo do Estatuto que fala da defensa, promoción e estudo do español do arquipélago como variedade lingüística do español atlántico.

Fonte: 20minutos

Illas Canarias

Instan o Goberno canario a que inicie o expediente de declaración do asubío da Gomera como Ben de Interese Cultural

O Cabido da Gomera aprobou unha moción para instar o Goberno canario a que inicie o expediente de declaración do asubío desta illa como Ben de Interese Cultural na categoría de tradicións e expresións orais, xa que constitúe unha forma de comunicación única.

Fonte: El Día

Illas Canarias

Un estudo revela que o alumnado canario é o que máis estuda dúas linguas estranxeiras de todo o Estado

O estudo sobre o Sistema Estatal de Indicadores da Educación 2020, publicado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, revelou que o alumnado das Illas Canarias é o que máis cursa dúas linguas estranxeiras de todo o estado cunha porcentaxe do 78,9 %.

Fonte: El Día

Illas Canarias

Canarias quere regular as particularidades do español que se fala no arquipélago

A reforma do Estatuto de Canarias reivindicará unha identidade colectiva, lingüística e cultural propia do arquipélago, de maneira que a Administración autonómica se encargaría de regular as particularidades do español que se fala nas illas e tería competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural canario.

Fonte: Diario de Avisos

 

Illas Canarias

Esíxenlle ao Goberno canario que os médicos contratados falen e entendan o español

É a primeira vez que un grupo parlamentario presenta unha proposta deste tipo, que foi impulsada polo Colexio de Médicos de Tenerife, desde onde se detectaron polo menos 17 casos de médicos contratados que non saben expresarse en español.

Fonte: Madrid Digital

Illas Canarias

O Cabido de Tenerife ofrece atención en inglés e alemán nas súas oficinas no norte e o sur

O Cabido de Tenerife, a través dos Centros de Servizos ao Cidadán (CSC) de Icod, La Orotava e Los Cristianos, en Arona, incorporou persoal especializado para atender a estranxeiros en lingua inglesa e alemá.

Fonte: Cabildo de Tenerife

Illas Canarias

Canarias impulsa novas medidas para implantar as linguas estranxeiras con especial atención ás TIC nos centros educativos

A Consellería de Educación do Goberno de Canarias publicará unha orde que permitirá solicitar a modalidade de ensino bilingüe a todos os centros educativos ao longo da presente lexislatura.

Fonte: Gobierno de Canarias

Illas Canarias

O comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban, visitará Canarias para coñecer o asubío da Gomera

O comisario de Multilingüismo da Comisión Europea, Leonard Orban, visitará Canarias o próximo 25 de xuño para comprobar a dimensión do asubío gomero en Canarias, así como para coñecer directamente as especificidades da linguaxe asubiada e a súa implantación no sistema educativo canario.

Fonte: Gobierno de Canarias

Illas Canarias

Canarias carece de mediación lingüística para inmigrantes

Canarias, pese a que é unha das rexións que máis turistas e inmigrantes recibe de España, carece dun programa público de mediadores lingüísticos, uns profesionais que exercen de enlaces entre os estranxeiros e a sociedade canaria para salvar diferenzas idiomáticas, pero tamén culturais.

Fonte: La Opinión de Tenerife

Illas Canarias

A Consellería de Educación canaria e a Embaixada Francesa asinan un protocolo de colaboración sobre programas lingüísticos

A conselleira de Educación, Universidades, Cultura e Deportes do Goberno de Canarias, Milagros Luis Brito, e o embaixador de Francia en España, Bruno Delaye, asinaron un protocolo de colaboración en materia de programas educativos e lingüísticos.

Fonte: Gobierno de Canarias

Illas Canarias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder