Novas

Comezan as emisións de «Bibopalula», a primeira serie musical de animación en galego
29 de novembro de 2024

Comezan as emisións de «Bibopalula», a primeira serie musical de animación en galego

Bibopalula, a primeira serie musical de animación en galego, está creada por Laura e Andrés Mahía. Dirixida aos máis pequenos, presenta a historia de catro paxariños que viven aventuras baseadas nos ciclos naturais do bosque. A serie, que consta de 55 episodios de 5 minutos, inclúe cancións orixinais compostas por Santi Jul e Iván Laxe, que estarán dispoñibles nas principais plataformas de audio. A súa emisión comeza o venres 29 de novembro en xabarin.gal e na súa app móbil.

Fonte: Praza

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder