A USC convoca a undécima edición do concurso #traduceTED, destinado a ampliar a oferta de contidos audiovisuais de divulgación científica en galego mediante a subtitulación de charlas TED. A iniciativa está aberta tanto á comunidade universitaria como a persoas adultas alleas á institución, que poderán inscribirse ata o 28 de setembro. Os mellores traballos, que deberán presentarse antes do 31 de outubro, recibirán premios de ata 300 euros.
Sección:



