A Confederación Anpas Galegas comprométese a utilizar exclusivamente o galego na súa actividade e na difusión de contidos, ademais de impulsar campañas periódicas a favor do idioma, unha decisión que abrangue as nove federacións e preto de 500 asociacións que a conforman. A entidade só difundirá materiais en galego e solicitará a documentación nese idioma cando reciba textos noutras linguas. Ademais, esixirá que os medios de comunicación respecten o uso do galego nas transcricións das súas intervencións.
Fonte: Galicia Confidencial
Sección:



