A iniciativa LATE (Liña de Apoio á Tradución e á Edición), promovida pola Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura de Portugal e polo Instituto Camões, destinará este ano axudas a 152 obras de máis de 80 autores e autoras en lingua portuguesa para seren traducidas a 41 idiomas, coa colaboración de 103 editoriais de 43 países. Entre as linguas de destino destacan o español, o italiano, o francés, o árabe e o inglés e incluiranse obras de autores clásicos como Camilo Castelo Branco e Fernando Pessoa.
Fonte: Comunidade Cultura e Arte
Sección:
Ámbito:



