Os Premios Youtubeiras+ celebran a súa décima edición cun novo galardón honorífico destinado a recoñecer traxectorias destacadas na creación dixital en galego. O certame manterá sete categorías, cunha dotación total de 7500 euros, e terá aberto o prazo de inscrición ata o 15 de novembro. Ademais, ofrecerá tres obradoiros gratuítos en liña para reforzar as competencias técnicas, creativas e lingüísticas das persoas creadoras de contidos.
Fonte: Universidade de Vigo
Sección:



