Novas

A Deputación de Pontevedra convoca dúas liñas de subvencións para impulsar o uso do galego
05 de febreiro de 2026

A Deputación de Pontevedra convoca dúas liñas de subvencións para impulsar o uso do galego

A Deputación de Pontevedra aprobou un programa de axudas por 300.000 euros para promover o uso do galego na Administración local e na creación cultural. Por unha banda, destínase 200.000 € a apoiar a posta en marcha, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística en concellos pequenos e entidades locais. O resto, 100.000 €, oriéntase a facilitar a edición de publicacións en galego impulsadas por entidades sen ánimo de lucro. A iniciativa procura consolidar o galego como lingua habitual de traballo institucional e contribuír á difusión da cultura e do patrimonio bibliográfico da provincia.

Fonte: Galicia Xa

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder