Catro entidades da Franja de Ponent manifestáronse contra as medidas do Goberno aragonés que buscan frear o impulso do catalán de Aragón. Subliñan que esta é unha lingua autóctona e histórica en Aragón, en situación feble debido ao despoboamento e á inmigración, e que non goza de recoñecemento legal pleno. As organizacións reclaman ás institucións aragonesas respectar, protexer e promover activamente o catalán e o aragonés como patrimonio lingüístico, e alertan que a supresión de programas educativos e axudas culturais agrava a vulneración dos dereitos dos falantes minoritarios.
Fonte: Diari de la Llengua
Comunidade:
Sección:



