A nación Caddo de Oklahoma lamenta a morte de Edmon Johnson, último falante fluído da lingua caddo, aos 95 anos. O idioma, orixinario do sur dos EUA e en grave perigo de extinción, perde así unha figura clave na súa preservación. Johnson colaborou nos últimos anos en proxectos de recuperación lingüística, labor que a comunidade pretende continuar mediante a creación dunha ortografía e dun dicionario estandarizado. O caso reflicte a situación crítica das linguas nativas nos EUA.
Fonte: Diari de la Llengua
Sección:



