O escritor ourensán Francisco Javier Vázquez Losada faise co premio do XI Concurso Balbino de Relatos, convocado por Edicións Fervenza co apoio da Fundación Xosé Neira Vilas e da Xunta de Galicia, entroutras entidades, pola peza A luz de quedar. O xurado comunicou onte a resolución do galardón, creado na memoria de Xosé Neira Vilas, autor á que a Real Academia Galega lle dedica as Letras Galegas 2027.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



