Karliin Aariak foi nomeada de novo comisaria de linguas de Nunavut, territorio autónomo do Canadá, despois de que o cargo permanecese sen cubrir durante máis dun ano. Aariak, que xa ocupara o posto até 2025, inicia agora un novo mandato de cinco anos tras a aprobación unánime da asemblea lexislativa. A súa función será supervisar a protección dos dereitos lingüísticos nun territorio onde conviven linguas como o inuktitut, o inglés e o francés.
Fonte: Nunavut News
Sección:



