A cidade sarda de L’Alguer organizará na primavera o seu primeiro festival de música en catalán dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 11 anos. O proxecto pretende promover a lingua e a cultura algueresa nas escolas mediante a creación de cancións orixinais. O acto contará coa participación das escolas primarias da cidade.
Fonte: El Diari de la Llengua
Sección:



