Novas

López Campos salienta as medidas da Xunta para implicar as novas xeracións nun maior emprego e prestixio do galego
27 de febreiro de 2025

López Campos salienta as medidas da Xunta para implicar as novas xeracións nun maior emprego e prestixio do galego

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou as propostas que está levando a cabo a  Xunta para implicar as xeracións máis novas “nun maior emprego e prestixio do galego”. Fíxoo durante a celebración do III Encontro 21 días co galego e +, actividade lúdica na que estaban convidados preto de 4000 rapaces, mestres e persoal administrativo e de servizos da decena de centros educativos de toda Galicia. Todos eles participaron este ano na sétima edición deste programa de dinamización lingüística, impulsado polo Goberno autonómico.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder