O IES Rafael Dieste pon en marcha unha campaña co lema “O Dépor é da Coruña”, ao abeiro da iniciativa “Aquí tamén se fala”, para conseguir que o Real Club Deportivo empregue o topónimo oficial da cidade a partir da tempada 2025-2026, coincidindo co 120 aniversario do club. Para iso contan co apoio de diversas institucións e personalidades do ámbito cultural e político.
Fonte: Xornal da Coruña
Sección:



