Revolut incorpora o catalán aos seus caixeiros automáticos en Cataluña e faino ademais como opción predeterminada, segundo confirmou o Departamento de Política Lingüística. A entidade financeira prevé tamén lanzar a súa web e a súa aplicación nesta lingua durante o primeiro semestre de 2027, unha decisión atribuída en boa medida á presión social exercida por persoas usuarias e entidades.
Fonte: Diari de la Llengua
Comunidade:
Sección:



