Novas

O Brasil quere converter o portugués nun activo estratéxico para a intelixencia artificial coa implicación da CPLP
15 de xullo de 2026

O Brasil quere converter o portugués nun activo estratéxico para a intelixencia artificial coa implicación da CPLP

O Goberno brasileiro defende que a lingua portuguesa debe desempeñar un papel estratéxico no desenvolvemento da intelixencia artificial e considera que a Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) debe coordinar esforzos para reforzar a presenza do idioma nos grandes modelos de IA. O obxectivo é aumentar a representación do universo lusófono, impulsar a creación de datos e recursos en portugués e evitar que a lingua quede nunha posición secundaria fronte a idiomas como o inglés ou o chinés.

Fonte: Plataforma Media

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder