Novas

O Celta comparte con alumado ourensán o seu compromiso coa lingua galega como parte da súa identidade
15 de maio de 2026

O Celta comparte con alumado ourensán o seu compromiso coa lingua galega como parte da súa identidade

O alumnado do CIFP Portovello de Ourense coñeceu de primeira man a estratexia comunicativa do Celta nun encontro centrado en empresas que empregan o galego como lingua principal. Andrés Montenegro e André Taboada explicaron como o club integra a lingua en campañas, redes sociais, contidos audiovisuais e accións coa afección, non como recurso puntual, senón como parte da súa identidade e da súa estratexia empresarial. A sesión abriu tamén un diálogo sobre o papel do deporte como altofalante da cultura galega e como espazo de conexión co territorio.

Fonte: RC Celta

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder