O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, recibiron os premiados na décimo quinta edición de Lingua de Namorar, o certame convocado anualmente pola Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Xuventude cos obxectivos de dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías e incrementar a percepción do galego como unha lingua útil para os momentos de lecer e diversión.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



