O Concello de Carballo ampliará a súa programación de fomento da lectura cun obradoiro de iniciación á escritura creativa en galego, centrado na narrativa de ficción e impartido pola escritora Marta Villar. A actividade desenvolverase de xaneiro a xuño e permitirá traballar desde a creación de personaxes e escenas ata a revisión dos textos propios. A proposta dá continuidade á rede municipal de clubs de lectura e busca consolidar o galego como lingua de creación e expresión literaria.
Fonte: Concello de Carballo
Sección:



