O Consell de Menorca aprobou unha profunda reforma do seu Regulamento de Usos Lingüísticos, coa introdución do castelán e a prioridade explícita das formas propias do menorquino. Aínda que o catalán continúa como lingua de uso xeral e preferente na atención presencial e na tramitación administrativa, o novo texto impón a publicación bilingüe de todas as disposicións e estende o castelán á maioría de ámbitos institucionais, incluída a formación interna do persoal. A norma tamén permite empregar o castelán en sinalización cando así o indiquen criterios sociolingüísticos e reforza o uso do menorquino en comunicacións oficiais.
Fonte: Menorca
Comunidade:
Sección:



