A Secretaría de Políticas Lingüísticas e o Centro Nacional de Computación coordinaron actuacións para favorecer a incorporación das linguas indíxenas ao espazo público dixital. O encontro tivo como finalidade facilitar o acceso destas linguas á internet e reforzar a súa presenza en contornos tecnolóxicos. A iniciativa pretende impulsar a diversidade lingüística no Paraguai e avanzar na visibilización e normalización das linguas propias no ámbito dixital.
Fonte: Gobierno de Paraguay
Sección:



