Novas

O Goberno do Principado publica as bases dun certame de guión cinematográfico en asturiano
19 de agosto de 2024

O Goberno do Principado publica as bases dun certame de guión cinematográfico en asturiano

A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Deporte do Principado de Asturias convoca o primeiro Premio de Guión Cinematográfico en asturiano e eonaviego. Este galardón busca promover e consolidar o uso destas linguas no ámbito audiovisual, premiando guións orixinais e inéditos para longametraxes de ficción ou animación. O premio, dotado con 6000 euros e un trofeo, valorará a contribución cultural, a calidade artística e a riqueza lingüística dos traballos presentados.

Fonte: Principado de Asturias

Comunidade: 
Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder