O Concello do Grove desenvolverá a segunda edición de «Lingua e Cinema», un programa que emprega a dobraxe como ferramenta para fomentar o uso activo do galego entre o alumnado. A iniciativa ofrecerá 14 obradoiros prácticos en centros de primaria, secundaria e bacharelato, nos que se traballarán a expresión oral, o ritmo e a comunicación a través do audiovisual. O proxecto busca asociar o galego ao lecer e á cultura, así como favorecer a súa utilización entre a infancia e a mocidade.
Fonte: Faro de Vigo
Sección:



