O 25 de xuño entrou en vigor a primeira lei nacional específica sobre lingua de signos no Xapón. Esta obriga os gobernos central e locais a adoptaren medidas para fomentar o uso e a aprendizaxe da lingua de signos. A norma desenvolverase como paso previo ás Xordolimpíadas que se celebrarán en novembro de 2025 en Tokio e que acollerán uns 6.000 deportistas de 70–80 países.
Fonte: Japan Today
Sección:



