Plataforma per la Llengua rexistrou 3645 queixas por vulneracións dos dereitos lingüísticos en 2025, fronte ás 395 de 2016, cun forte incremento tamén das discriminacións graves. A sanidade sitúase como o principal ámbito de preocupación, pois concentrou 69 das 75 discriminacións documentadas nas administracións. A entidade reclama unha aplicación máis efectiva da normativa lingüística e alerta de que as dificultades para recibir atención en catalán poden afectar tamén á seguridade asistencial.
Fonte: El Món
Comunidade:
Sección:



