Esta plataforma iniciou unha campaña para recoller 10.000 sinaturas e impulsar no Parlamento de Galicia a ILP Lingua Vital, que propón garantir a presenza do galego en todos os ámbitos sociais. A iniciativa inclúe medidas para reforzar o seu uso no ensino, na cultura, no audiovisual e nos medios, así como para eliminar normas que, segundo a plataforma, dificultan a súa utilización. Os promotores xa conseguiron o apoio dos concellos de Pontevedra e Brión e prevén ampliar o percorrido institucional da proposta.
Fonte: Galicia Confidencial
Sección:



