A Universidade Pompeu Fabra (UPF) será o primeiro centro de educación superior en España que impartirá a partir do próximo curso a especialidade de lingua de signos, neste caso catalá, do Grao de Tradución e Interpretación. Deste xeito, por primeira vez, dentro do panorama universitario español, unha lingua de signos estará ao mesmo nivel doutros idiomas como o inglés, o francés e o alemán, segundo informou a UPF nun comunicado.
Fonte: La Vanguardia
Sección:



