Novas

Reclaman que o coñecemento das linguas oficiais diferentes do castelán conte como mérito no MIR
04 de agosto de 2026

Reclaman que o coñecemento das linguas oficiais diferentes do castelán conte como mérito no MIR

Plataforma per la Llengua presentou alegacións á reforma do sistema MIR para que o coñecemento das linguas cooficiais se valore como mérito nas prazas sanitarias dos territorios onde se falan. A entidade propón, ademais, que o persoal residente sen competencia suficiente reciba formación obrigatoria durante a xornada laboral e alcance un nivel básico no primeiro ano. A organización sostén que garantir a atención na lingua das persoas usuarias mellora a calidade asistencial, a seguridade clínica e o respecto dos dereitos lingüísticos.

Fonte: El Món

Comunidade: 
Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder