Novas

Pontevedra contará cun mapa sociolingüístico escolar elaborado pola Real Academia Galega
21 de novembro de 2025

Pontevedra contará cun mapa sociolingüístico escolar elaborado pola Real Academia Galega

O Concello de Pontevedra presentou a posta en marcha na cidade do programa «Modo galego, actívao!», unha iniciativa coordinada coa RAG e coas comunidades educativas de infantil e primaria para favorecer que as nenas e os nenos incorporen o galego nos seus espazos de socialización. A proposta inclúe a elaboración dun mapa sociolingüístico de cada centro e da cidade, proceso no que participarán profesorado e familias. O proxecto nace ante a perda de galegofalantes en ámbitos urbanos e procura fortalecer a transmisión e o uso natural da lingua desde idades temperás.

Fonte: Pontevedra Viva

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder