Novas

Preséntase Salnesiña, a mascota da lingua galega para dinamizar o seu uso entre a mocidade da comarca do Salnés
26 de xuño de 2026

Preséntase Salnesiña, a mascota da lingua galega para dinamizar o seu uso entre a mocidade da comarca do Salnés

Exposalnés acolleu a presentación dunha iniciativa comarcal coa que os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Salnés procuran reforzar o uso do idioma entre a xente máis nova. O proxecto xurdiu hai dous anos, ao constataren nos centros educativos un retroceso do galego e a consolidación de espazos escolares cada vez máis castelanizados. Tras outras accións conxuntas, a comarca contará agora con Salnesiña, unha mascota creada por Yoli Martínez e concibida como símbolo común da promoción lingüística. A figura percorrerá escolas e institucións locais co obxectivo de impulsar iniciativas compartidas e favorecer un bilingüismo máis equilibrado.

Fonte: Faro de Vigo

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder