A Fundación Hach Saye presentou un abecedario bilingüe, en castelán e selk’nam, que vincula a aprendizaxe da lingua ancestral co coñecemento da biodiversidade do territorio. O material, pensado principalmente para alumnado de Infantil e Primaria, recompila especies de flora e fauna acompañadas das súas denominacións tradicionais. A iniciativa é froito de catro anos de traballo comunitario e documental, coa colaboración de persoal vinculado á conservación ambiental. O recurso distribuirase en centros educativos da Rexión de Magallanes e tamén poderá consultarse gratuitamente en formato dixital.
Fonte: País Circular
Sección:



