Novas

Preséntase un dicionario en catalán sobre o senfogarismo
06 de maio de 2026

Preséntase un dicionario en catalán sobre o senfogarismo

O Termcat e Arrels Fundació presentaron o Dicionari del sensellarisme, unha obra que reúne máis de 560 termos vinculados á realidade das persoas sen fogar co obxectivo de ofrecer unha terminoloxía precisa e libre de estigmas. O proxecto procura mellorar a comprensión social do fenómeno e facilitar o traballo coordinado entre administracións, profesionais e entidades sociais nun contexto de crecente complexidade habitacional. A publicación reivindica tamén o papel da lingua como ferramenta para nomear, visibilizar e abordar con rigor realidades sociais invisibilizadas.

Fonte: Diari de la Llengua

Comunidade: 
Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder