O Departamento de Saúde de Cataluña presentou o Plan para garantir o coñecemento e uso do catalán no sistema público de saúde 2024-2026, que conta cun orzamento de 2 millóns de euros. Este plan, que inclúe 33 medidas, busca facer do catalán a lingua normal no ámbito sanitario, mellorar a capacitación lingüística dos profesionais e asegurar os dereitos lingüísticos das persoas usuarias. Entre as accións destacan a formación en catalán para o persoal sanitario e o uso de tecnoloxías para optimizar os recursos lingüísticos. O plan tamén inclúe a promoción do aranés e da lingua de signos catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Comunidade:
Sección:



