Recuncho Gamer presentou Xogalego, un catálogo para facilitar os videoxogos en galego e para darlle visibilidade ao traballo de estudos e creadoras e creadores que os desenvolven, ante as eivas das grandes plataformas para localizalos. A ferramenta arrinca con noventa títulos e prevé medrar axiña ata arredor de 200, co apoio da Deputación da Coruña. Cada entrada inclúe datos como autoría, ano, plataformas, xénero, idades recomendadas, linguas dispoñibles e ligazóns oficiais. O proxecto completarase con accións divulgativas en liña e nos centros educativos.
Fonte: Culturagalega
Sección:



